jueves, 2 de octubre de 2008



EN PÉ

¡Irmans! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancura
da luz que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra a man da oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira da Galiza,
¡cantémo-lo direito á libre nova vida!

Validos de traidores
a noite Frouseira
a patria esclavizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo
xa afrouxan as cadeas...
¡Irmans asoballados
de xentes estranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
¡E ó pé da enseña da nazón galega cantémo-lo dereito
a libertar a Terra!

¡Irmans no amor á Suevia
de lexendaria historia,
a non morrer sen loita!
¡O dia do Medulio
con sangue quente e roxa
mercamo-lo direito
á libre, honrada chouza!
¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
"A nosa Terra é nosa "

Ramón Cabanillas
"Da Terra Asoballada"



1 comentario:

Lorien Black dijo...

Ains, qué recordos verdade?

Tes que actualizar mási a miúdo, que eu quero comentarte pero se non hai nada novo non podo!

Xa verás este sábado na festa, será coma sempre :)

Como dicía algún por ahí ;) A nosa Terra é nosa!

Tk!